Saturday 11 de May de 2024

Belén do Campo visita o belén da Grande Obra de Atocha, na Coruña


A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, visitou o belén histórico da Grande Obra de Atocha, na cidade da Coruña, incluído na oferta belenística que atesoura Galicia neste Nadal e posta en valor por Turismo de Galicia para captar novos visitantes durante esta festividade.

Este belén foi inaugurado por primeira vez en 1923 e restaurado en 2001 e está feito a escala do mapa de Xerusalén. Na actualidade conta cunha superficie de 120 metros cadrados e cunhas 150 figuras artesanais. O seu autor foi o artista ferrolán Camilo Díaz Baliño. Estará aberto ao público entre o 25 de decembro e o 7 de xaneiro.

Na provincia, Turismo de Galicia incluíu no seu programa os beléns de Betanzos, instalado no edificio Liceo, e o da Orde Terceira de Ferrol, que poderá visitarse na capela da Orde Terceira.